Sobre acontece.gal
acontece.gal é unha iniciativa que nace coa intención de reconectar o dixital co local.
Xorde dunha análise da nosa forma de informarnos nas redes sociais maioritarias, nas que os algoritmos rexidos pola economía da atención desconéctannos da nosa contorna máis inmediata e diríxennos cara un consumo uniforme de contidos.
Atopámonos nunha situación paradóxica: estamos rodeados de proxectos colectivos e actividades, mais non temos acceso a eles fóra do boca a boca, pois a súa difusión pérdese no caos dos feeds algorítmicos polo seu carácter local.
acontece.gal pretende pois poñer o seu pequeno gran de area en revertir esta situación, e contribuír na superación deste modelo para procurar un uso dixital máis consciente e intencionado, que motive a curiosidade e non o doomscrolling.